12.7.06

posicións

cando eta declara a tregua indefinida é evidente que xa estaban adiantadas algunhas conversacións: ti declaras a tregua e a cambio eu... falo de ti como "movemento nacional de liberación vasco" (por exemplo).

esas conversas previas sempre inclúen a seguinte cláusula: "se vós dicides que esta reunión tivo lugar nos negarémolo firmemente".

non alcanzo os motivos polos que eta decide facer públicos os termos desas preliminares.

o goberno, respondendo ao guión, vaino negar todo sistematicamente.

o pp reclama agora que o goberno desminta eses diálogos previos en sede parlamentaria (cun discurso pomposo que inclúe o seu xa coñecido tic "vayasé señor zapatero"). o psoe e o resto de partidos representados nas cortes (partidos todos que defenden o diálogo) non autorizarán, obviamente, esas comparecencias.

o xogo é todo previsíbel e, polo mesmo, aburrido.

quédome co gol de cambiasso no partido de arxentina contra serbia e montenegro.