Quinielas
Hoxe sae unha breve quiniela en Vieiros sobre o nome da persoa que ocupará a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Curiosamente os medios non estiveron facendo quiniela ningunha sobre ese posto.
E mais hai outras leiras sen dono sobre as que me gustaría saber algo e seguimos igual: quen dirixirá o IGAEM (e, consecuentemente, quen o CDG)?, e os mandos da CRTVG?
Será que terei que irme de vacacións e vacacións coa incógnita nas costas?
Curiosamente os medios non estiveron facendo quiniela ningunha sobre ese posto.
E mais hai outras leiras sen dono sobre as que me gustaría saber algo e seguimos igual: quen dirixirá o IGAEM (e, consecuentemente, quen o CDG)?, e os mandos da CRTVG?
Será que terei que irme de vacacións e vacacións coa incógnita nas costas?
5 Comentarios:
O consenso é o que ten. Seica no Consello da Xunta de mañá pode que se saiba algo. De todas as maneiras, mellor amodo e con boa letra.
Eu non durmirei tranquilo até saber se continuará Pemán.
Boas férias e boa viaxe (ten que selo, de certo).
Boas noites e ata manhá.
De tódolos xeitos, as especulacións periodísticas probaron ser bastante raras, no caso das Consellerías. Sabíase que ía ser un governo paritario e apenas mentaban nomes de mulleres.
Saúdos.
As quinielas son o que son. Eu xogo todas as semanas e non gaño nunca.
O curioso é que, con todo o que se especulou por outros postos, non se estea a especular por estes.
A ver que novidades nos trae hoxe o Consello da Xunta.
Non lera, non. Pero antes de marchar tiven unha interesante conversa ao respecto cunha persoa vencellada ao BNG e mais ao mundo profesional do teatro que me contara xa algo disto.
Representantes da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena tiveron a semana pasada unha xuntanza co novo Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, solicitada, entre outras cousas, para falar dunha nova aparecida na prensa neses días que daba por segura a continuidade de Guede Oliva á fronte do CDG.
Nesa reunión Bará desmentiu categoricamente esta noticia.
Con todo, paréceme bastante pouco serio que unha serie de cargos que son ocupados por persoas escollidas libremente por un goberno non poidan ser cesados automaticamente ao cesar o goberno que os nomeou. Eticamente, como mínimo, deberían presentar a súa demisión.
Cargos de libre designación política non poden estar suxeitos a cláusulas de rescisión.
Enviar um comentário
<< Voltar