Un nome discutíbel
Segundo informaba onte El Correo Gallego, José Vázquez Portomeñe será o novo Secretario de Traballo na Consellería homónima.
O personaxe fora Director Xeral de Relacións Laborais no goberno do PP ata finais de 2004.
Se a información é certa, opino que o Conselleiro de Traballo tivo unha pésima idea. Non vou valorar a valía para o posto de Vázquez Portomeñe porque non teño os elementos precisos. Pero a min pareceume unha falta de respecto aos que votamos o cambio.
Téñase en conta que non se trata unicamente de nomear a unha persoa que formou parte do réxime aborrecido, senón que, a maiores, o personaxe procede dunha das célebres familias instaladas na administración polos sucesivos gobernos do PP (é irmán do que fora Conselleiro de diversas consellerías e actualmente senador do PP por Pontevedra e tío de Víctor Manuel Vázquez-Portomeñe Seijas, xerente da tristemente célebre Fundación Arao).
O BNG debería protestar antes este posíbel nomeamento. O Presidente da Xunta debería evitar esta protesta.

1 Comentarios:
Dixen que me parece falta de respecto non só polos seus apelidos senón tamén por parecer un signo de continuidade das políticas do goberno do que tanto nos costou desfacernos.
Sobre todo tendo en conta que volve ocupar un posto nunha área semellante, mesma que non se caracterizou durante a xestión do PP pola súa efectividade.
Insisto: descoñezo se esa falta de efectividade do goberno do PP en políticas de emprego é responsabilidade directa da capacidade de JVP. Pero o caso certo é que el foi durante bastante tempo Director Xeral de Emprego dese goberno.
Outras informacións que recibín non puideron ser contrastadas polo que me manteño nas miñas dúbidas respecto da corrección "técnica" da escolla.
Sigo pensando que os que impulsamos o cambio merecemos que sexa de fondo. Igual ese cambio de fondo implica dar capacidade de xestión a xente que a tivo no goberno anterior e o fixo ben. Non estou moi certo. (Fíxoo ben Vázquez Portomeñe como Director Xeral de Emprego?)
Hei engadir dúas cousas máis ao respecto: dende que publiquei esta mastigación recibín non poucos comentarios favorábeis da capacidade de JVP. Agardo estar equivocado. E dúas: case todo o dito aquí é de aplicación para o "novo" Secretario Xeral de Pesca.
Enviar um comentário
<< Voltar