Constatación e esperanzas
Constatación:
O actual goberno en funcións está a hipotecar o futuro goberno. Exemplos:
- Adxudicación de obras da Cidade da Cultura por valor de 92 millóns de euros
- Adxudicación de compra de mobiliario para a ídem por valor de máis de 80 millóns de euros
- Adxudicación de licenzas de emisoras dixitais
- Resolución pola vía rápida (e sospeitosa) de oposicións e outros concursos de persoal
- Creación de prazas para consolidar os salarios dos altos cargos
- Prolongación do contrato de programas na CRTVG
- e supoño que podería enumerar un longo etcétera
Esperanza:
Do novo goberno espero moitas cousas. A destrución do aparello clientelar da Xunta é un dos primeiros (e máis difíciles) pasos.
Pero vou enumerar catro territorios nos que, de facerse as cousas un pouco ben, poderemos falar realmente en catro anos de que este foi un goberno de cambio:
- Unha política lingüística seria, coidadosa e efectiva
- Unha política forestal que privilexie as especies autóctonas e deixe de subsidiar a reforestación especulativa.
- Unha política enerxética que defenda os ríos, que privilexie a eficiencia sobre o beneficio empresarial na instalación de parques eólicos, que fomente o consumo responsábel.
- Unha CRTVG de calidade. Xa non digo quitar Luar pero, cando menos, reorientalo á cultura nacional e non aos refugallos da cultura española de cuarta categoría.
O pasado e o futuro. Mentres tanto, que pase rápido xullo, antes de que Nerón acabe incendiándoo todo.

3 Comentarios:
Nós debiamos facer de Nerón, ou mellor, de Mesalinas, e envelenar a Galloso e a Superpiñeiro cunha copiña de augardente e cicuta.
Claro que hai que sacar Luar, e Pratos combinados, e por suposto, os Tonechos ás mazmorras!
Hai que destruir a TVG, mesmo as instalacións, por moito que coste facer unhas novas, e comezar de cero.
Casi penso que habería que queimar o país enteiro e comezar de cero con todo..., pero é que lle teño tanto aprecio a leiriña que os meus abós me deixaron na aldea...
É NECESARIA UNHA REVOLUCIÓN LENTA E PAULATINA, sen que a xente se decate, sen que lles chegue o ardor do incendio e o cheiro dos coiros requeimados dos que traballaron con y para "eles"
Propoño un holocausto social de todos eses que viviron a expensas da non modernización real de Galiza.
A min hai tempo que se me pasou o ánimo arrasador.
Creo que é moito máis efectivo ser práctico e, como dis, as revolucións teñen que ser paulatinas.
Para que cargarse Luar se se lle pode quitar partido? Non é doado fabricar un producto televisivo de éxito. Aquí xa nos vén dado. Parvo sería tirar con el.
Nada, nada, facelo sen que se enteiren, pero NON DEIXANDO NAAAAADDDDDDA. Se acaso a Galloso y a Piñeiro os mandamos a un taxidermista para que logo vaian nas feiras no carromato do tren do terror.
As historias que non funcionan, ao lixo. E Luar so funcionaba como píldora alienante dos TVGvidentes, como todo a resto da programación, salvando honrosas excepcións (Senda verde, por exemplo, e aí temos o que lle pasou ao seu presentador)
De feito, a Blanco Campaña deberiamos telo despiezado coma un porco e envialo a Toñi Vicente coma carne de terneira galega, e que llo preparase a Fraga nun guiso de nouvelle cuisine gallicien... para que Saturno comezase por ir comendo aos seus proprios enxendros.
Enviar um comentário
<< Voltar