6.7.05

Tempos tranquilos

Ao tempo de o PSdeG e o BNG moveren pezas para organizar o novo taboleiro, a realidade dáme un tempo para tranquilizar a cabeza.

O patio semella estar tranquilo.

Polo de agora non se escoitan moitas voces socialistas foráneas opinando sobre os termos dos pactos.

Estraño, tendo en conta que o bloque xa está encadrado no eixo do mal.

Mentres tanto, miro cun sorriso como lle naceu ao PP o seu propio Ibarra (aínda que este pide disculpas, pero, como fai Ibarra, retractarse non se retracta).

Sigo sorprendéndome da capacidade que ten a dereita de dicir digo onde sempre dixo diego. En realidade non, xa nada me sorprende na dereita.

2 Comentarios:

Anonymous Boedense dixo...

Eu non opinarei nada do tema ata que saiba as condicións do pacto entre BNG e PSOE. Só desexo que teñan sorte e que o PSOE non se aproveite do traballo do BNG como está afeito a facer (vg. Lugo, Santiago..). Un saúdo.

7/7/05 23:24  
Blogger ohqtordv dixo...

A situación do partido minoritario nun goberno de coalición é sempre complicada. O éxito de ERC creo que máis se lle debe ao eco que os seus posicionamentos teñen na prensa do pensamento único.

Igual, o feito de que o BNG apareza encadrado no eixo do mal axuda a acadar logros semellantes. Iso sempre que as políticas do BNG no goberno sexan ambiciosas.

Haberá que ver os pactos, si, pero non teremos unha visión acabada disto mentres non pase unha tempada de goberno.

8/7/05 08:41  

Enviar um comentário

<< Voltar