Capítulo 1
Onte empezouse a escribir o verdadeiro capítulo 1 da novela do cambio, do país novo, como queirades chamalo.
O artigo de Vázquez Pumariño esta semana en Vieiros vén a conto dun tema que debería ser prioritario do novo tempo. E na súa recondución deberá ter moito papel o Parlamento constituído onte.
Hai moitas frontes abertas neste lume que é a xestión medioambiental do país. E, por se a realidade non fose abondo, non deberían esquecer os políticos que, como se di no artigo, o factor medioambiental foi un dos axentes centrais do cambio (lembrar -como esquecelo?- o Prestige).
O artigo de Vázquez Pumariño esta semana en Vieiros vén a conto dun tema que debería ser prioritario do novo tempo. E na súa recondución deberá ter moito papel o Parlamento constituído onte.
Hai moitas frontes abertas neste lume que é a xestión medioambiental do país. E, por se a realidade non fose abondo, non deberían esquecer os políticos que, como se di no artigo, o factor medioambiental foi un dos axentes centrais do cambio (lembrar -como esquecelo?- o Prestige).
5 Comentarios:
Así que o Prestige foi un axente central do cambio..., en fin. que inxenuidade.
Eu traballaba por aqueles anos en Muxía, e "traguei" moita merda dende moitos lados, e o único que saquei en conclusión foi que xunto con Irak e o 11M o Prestige si que puido favorecer o cambio a nivel de Estado..., pero a nivel galego o que cambio as cousas foi que para o pequeno tanto por cento de votantes (e non o esquezamos nos catros anos se chegan a selo, por Dios, que estamos na corda frouxa)dicía, que para o pequeno tanto por cento de votantes que fixo que por UN só escano non revalidara o PP a súa maioría, para toda esa xente ver a un vellorento malencarado a piques de babexar mediodurmido nos actos públicos non era nada apropiado para representar a un país.
Fraga moverá montañas, pero os seus carteis regalvanizados non enganaron xa a ninguén, tras dezaseis anos de dictadura do caciquismo.
¿Que foi o Prestixe parte dos axentes...? Non meus nenos, o Prestixe o que fixo foi "traer moitos cartiños" como aínda se escoita por aí máis a miúdo do que a miña alma sensible pode soportar tras levar días e días o chapapote metido no corazón e entre a pegada das miñas botas de montaña.
Eu creo que o Prestige foi un síntoma. Outro máis. E esa perspectiva que dis, a de que trouxo moitos cartos, non se percibe así en canto te afastas un pouco da costa.
O tímido cambio (estou de acordo contigo en que o cambio foi apenas un nadiña) produciuno, ao meu ver, o desgaste da figura de Fraga e mais a incertidume que plantexaba a súa sucesión. E, sen dúbida, o voto-poder que, con Zapatero en Madrid, desta tamén levou auga á fonte de Touriño.
O reto deste goberno ten dúas vertentes principais: unha é convencer aos votantes da dereita de que a esquerda non ten cornos, que van seguir cobrando a pensión e non lles van quitar a vaca. O outro reto consiste en convencer aos seus propios votantes, e mais á importante masa de abstencionismo xuvenil, de que a esquerda é quen de enfrontar con seriedade os problemas do país.
A xestión medioambiental é un dos problemas serios que deben atacarse con firmeza e con ambición.
Perdoádeme que me saia un pouco de tema, pero... levo escoitando o discurso de preinvestidura de Touriño (ou mellor deberiamos chamalo "Torito") e sigue producíndome escándalo e desesperación escoitarlle falar ¿galego?
Non sei se será a influencia de Paco Vázquez, pero ALGUÉN PODERÍA DECIRLLE QUE APRENDA A FALAR A LINGUA DO SEU PAÍS DE XEITO CORRECTO. E que até Fraga facíao mellor.
E aínda por riba, no reparto de atribucións quédanse con Política lingüística dependente directamente de Presidencia.
Agardo de boa fe que sexa pensando na mellora do galego do presidente.
Confiemos en que o futuro Secretario Xeral de Política Lingüística sexa máis competente na materia có que será o seu xefe.
Lamentabelmente, é marca da casa socialista o uso deficiente do galego.
Contrariamente ao que dis, se Touriño abrise a orella a como fala Paco seguramente o seu galego melloraría notabelmente.
Con todo, ao césar o que lle toca: o galego de Quin non é moito mellor tampouco.
De todos os xeitos, a culpa tena o PP e agora que empeza o novo país que se move, ata os políticos socialistas van falar mellor galego.
E os cochos engordarán máis rápido.
E as praias da Costa da Morte logo estarán limpas de todo chapapote.
Por certo, segundo o Gran Xerais:
Touriño-a s. Persoa imbécil ou idiota.
Manda truco!
Graciñas pola mención.
Enviar um comentário
<< Voltar