14.7.05

A campá de cristal

Na Voz de hoxe hai dous artigos de opinión que utilizan a metáfora da campá de cristal.

Un de Barreiro que usa o símil para falar das novas políticas de seguridade na UE. Outro de Ónega que pinta unha campá de cristal arredor de cada un dos mozos que se suicidaron nos atentados de Londres.

Por distintas razóns que non detallarei, rexeito ambas as metáforas. Fágoo concordando coa análise de "Un" e en desacordo coa do "Outro".

A miña campá de cristal é a que debeu existir onte en Bagdad para evitar a morte dos nenos. Non a había. E van...