8.7.05

Ciencia realidade

Non son quen de facer unha análise sobre o de Londres, terrorismo internacional, neo-colonialismo norteamericano, etc. Non diría nada intelixente ou novidoso.

Só sou quen de pensar que avanzamos na dirección equivocada. Todos.

Entendo (non xustifico) (en abstracto) a violencia física como reacción á violencia do sistema.

Pero cada vez que pasa algo así a miña capacidade de reflexión obstrúese e quedo limitado a construír películas de ciencia ficción (ou ciencia realidade): caos e confusión.