14.7.05

Bandeiras e posturas

Leo no blog de Jaureguizar sobre unha mesa redonda que houbo onte e á que non puiden asistir aínda que quixen.

A propósito de dereitos de autor e mais dun comentario de disque lido hai uns días nese mesmo espazo púxenme a pensar na diferencia que padezo decote entre as bandeiras que me gustaría erguer e mais as posturas que adopto diante de determinados asuntos.

Bandeiras:
- A obra artística ao alcance de todos. De todos, todos.
- A defensa da paisaxe limpa. Mellor tardar hora e media a Ferrol se o prezo é unha ponte estragando a ría de Betanzos.
- O traballo libre do escritor, sen condicionantes de corrección política ou de requerimentos de mercado, aínda que o prezo sexa un sistema literario menos normalizado.
- Televisión pública sen lixo, aínda que perda audiencia. E que mais ten se xera déficit.

E moitas outras bandeiras que podería erguer

Posturas:
- O escritor non pode ser o único actor da escena do mercado literario que non ve recompensado o seu traballo (e isto non só inclúe defender os dereitos de autor, senón outras posturas políticamente moito máis incorrectas)
- Cada vez que vou a Ferrol, chego en 50 minutos atravesando a espantosa ponte sobre a ría de Betanzos.
- Colaboro dentro das miñas limitadas capacidades a crear un sistema literario normalizado.
- E penso que hai que quitar partido de Luar, reconducíndoo un algo cara ao obxectivo de construír unha cultura nacional.

E moitas outras posturas que me obrigan a baixar algunhas bandeiras cun sentido práctico, de defender unhas pequenas melloras circunstanciais no medio dun sistema que non me sinto quen de cambiar de fondo.

Asumir o fracaso? Probabelmente. Évos así a cousa.

3 Comentarios:

Blogger Disque dixo...

Por alusións:

Non é doado distinguir a vitoria da derrota, nin a rendición da loita, nin o ataque da defensa.
Pense que o problema non é a hora e media, son os 50 minutos, que o fan conformista.
Saúde

14/7/05 14:20  
Blogger edu dixo...

"Conformista" é unha palabra dura e ben aplicada, disque.

Gustaríame pensar que non o son pero, ao mesmo tempo, afirmar que só é posíbel acadar "melloras circunstanciais" é conformarse con non obter cambios de fondo.

Mala maneira de afrontar a fin de semana na praia.

14/7/05 14:26  
Anonymous Anónimo dixo...

E dalle con Luar..., estamos obsesionado/as amigo/a.

Tamén hai que quitarse de encima esa teima de miararse o embigo permanentemente.

¿Que hai que defender a lingua e usala (e usala BEN, non coma moita/as)? Claro.
¿que hai que conservar o patrimonio cultural, artístico e musical do país? Evidente.

Pero que teñamos que estar permanentemente vendo gaiteiros modernizados, folk celta a machada, e marabillosos grupos de danza tradicional catro veces por semana me parece pechar os ollos ao mundo.

¿que debemos loitar contra a americanización que o invade todo? Eso por encima de todo...

...pero cultivar e conservar a nosa cultura non é alimentarse só dela.
¿onde está a literatura e o cinema europeos, ou asiáticos? ¿por que non presentar un grupo de danza maorí ou inuit? ¿ou grupos de música hindi?

Menos "embiguismo" e derrotismo, e máis tirar para adiante, e o Luar FÓRA... porque nunca lle vimos a cara oculta a esa lúa, aínda que lla cheirasemos..., e atufaba a MORTO.

14/7/05 14:33  

Enviar um comentário

<< Voltar