1.8.05

Poetas na toma de posesión

Nun dos seus últimos delirios publicados, o ex-patrón manifestou a súa preferencia pola poesía de Luis G. Tosar sobre a "das longas noites de pedra".

Nos actos de toma de posesión de mañá, María Pujalte lerá un poema do imprescindíbel Pimentel e mais outro do moi prescindíbel Xavier Seoane.

Chegoume por vías inesperadas a información onte, co engadido deste detalle: a inclusión do poema de Seoane foi teima de Touriño mentres que a de Pimentel foi dos seus asesores na confección do acto.

Agardo que, cando menos, non se lle ocorra ao neo-presidente emular as dotes de crítico literario do seu predecesor e facer (máis) públicas as súas preferencias.

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Polo de pronto o que si puidemos apreciar foi que se cambiou a tribunal "do día do desfile da victoria", por una escenario máis acorde cos tempos, de alfombras de cores e espíritu de vitalidade.

Tamén que se substuiu a macrogaiteirada de uniforme (bastante evocadora xunto coa tribuna de neo-imperios con símbolos neo-célticos, non esquezamos a esvástica) por un "repoludo gaiteiro" e unhas cantareiras sobre un audiovisual bastante suxerente, incluíndo o lema final.

María Pujalte, rapaza á que tanto estimo, e que me consta que foi das que nunca calou cando calaban outro-as, estaba radiante de beleza, con esa cariña de boliña que me ten, e que tan galega resulta (este último comentario,enténdaseme é irónico... por si acaso)

So faltou que touriño lese o que tiña escrito e non seguise perpetrando erros de neofalante inexperto. Eu tamén o fun, así que llo perdono, pero é que o tiña escrito!

Haberá que lle dar un voto de confianza neste tema, e un tempiño para que se lle aclimate a lingua.

Polo resto coido que aínda que so se trate dunha cuestión meramente estética, onte a imaxe institucional de Galiza comezou a dar un xiro de 180º para mellor, ou para distinto, e agardemos que iso se vexa reflectido no realmente importante que é o traballo en común que TODO-AS temos agora que levar adiante.

AAAAAAAAAh, e non so por catro anos... por oito, por doce, por outros sempre mellores dezaseis...

3/8/05 10:38  
Blogger Clayton, una vez fui pingüino dixo...

Saludos desde Chile
Un abrazo

5/8/05 14:44  
Blogger edu dixo...

Saúdos Clayton, benvido a este recanto do mundo.

5/8/05 15:17  

Enviar um comentário

<< Voltar