26.9.05

Crónica patagónica

Despois dunha longa




viaxe a través da Pampa





sempre ben rodeado de parentes





dei cos meus ósos na Península Valdés.


O sitio, con todo e levar anos escoitando marabillas del, non decepciona nin un chisquiño así. Natureza en directo.
Non conseguín fotos moi decentes das baleas, pero si dos pingüíns





(que eran moitos),





tamén dos lobos





e dos elefantes mariños





e doutra fauna local.



Tamén atopei este sitio que me fixo moita graza.



O regreso ata a urbe foi sen novidades.
O regreso a Galiza aínda ten que agardar unha semaniña.

4 Comentarios:

Blogger mariademallou dixo...

fotos moi chulas,desas de pasalo ben. que me ía dicir a min que por aqueles lares había pingüíns...bicos

27/9/05 10:52  
Blogger TXARI dixo...

e verdade que a carne alí corre como na galiza a auga a raudales?

30/9/05 11:07  
Blogger edu dixo...

Non tanto, non. De feito, para as posibilidades económicas da xente aquí está bastante cara.

É un fenómeno que non acabo de aclararme. Cando un producto en Arxentina se exporta, adquire no mercado internacional un prezo que se traslada ao mercado interno.

Podería dicirse que ten sentido. Se eu son un productor de carne arxentino e os brasileiros me pagan pola miña carne 10 pesos o kilo, só lla vendo a un arxentino se me paga eses mesmos 10 pesos. Aínda que a semana pasada lla vendín ao mesmo arxentino a 5 e facía negocio.

Pero é un sentido falso. Por que lla vendo ao brasileiro a 10 se en realidade vendéndolla a 5 facía negocio?

Ninguén sabe explicarmo convenientemente.

O que si está claro é que está boírma :-)

30/9/05 16:46  
Anonymous Anónimo dixo...

Moi chulas as fotos. A ver si escaneo algunha miña das baleas e cha paso. Non cobro copyright. ;-)

Cando eu estiven por alí, custaba máis un kilo de lentexas ca un de lomo de primeira. Mmmmm, carne de verdade. A volta pasei bastantes meses sin animarme a comer carne "europea" de novo. Non hai cor.

Saúdos,
Pedro

5/10/05 10:00  

Enviar um comentário

<< Voltar