sóavos de algo?
de todos os xeitos, hai algunha pequena diferencia co sistema galego.
en italia, os emigrantes votan representantes por circunscricións electorais propias. quer dicir: non inflúen na elección dos habitantes das rexións e provincias da península.
ohqtomr, por exemplo, votou representantes dos emigrantes en europa.
en total, a emigración ten seis senadores (dous por europa, dous por sudamérica, un por norteamérica e un por asia-áfrica-oceanía).
os resultados parciais din que prodi ten que recuperar na emigración o escano do senado que neste momento lle leva a casa delle libertà.
europa: prodi 56,14% - berlusconi 21,95%
am. n.: prodi 34,90% - berlusconi 29,93%
am. s-: prodi 26,04% - berlusconi 17,7%
áf-as-: prodi 38,12% - berlusconi 37,52%
totais: prodi 44,2% - berlusconi 21,2%
a que credes que se pode atribuír esta diferencia entre o voto dentro e o voto fóra? :-P
1 Comentarios:
Non si agora dirán que controlar case todas as televisións dun pais influe no voto ó seu favor.
¡Que xente mais rabuda! ;)
Enviar um comentário
<< Voltar