12.7.06

carrachas

a portada do que me dices trae este titular a toda foto: "eugenia [martinez de irujo, dedúcese da foto] infectada por garrapatas". da lectura do artigo sábese que non foron plurais as carrachas senón unha soa pero ben ou mal orientada (dependendo dos gustos de cada quen).

a pobre tiña febre e non sabían de que era.

claro, como a picara nunha ubre... eu pregúntome que é o que mira o gonzalo. que lle aprendería súa nai a este chico.

seica estiveran pasando uns días "en contacto con la naturaleza". son cousas que pasan cando un deixa os pazos e mais os hoteis de cinco estrelas.

pd: alguén estaba preocupado porque só falaba de fútbol? pero é que o verán non dá para moito máis.

ou será o meu cerebro requecido o que non dá para máis no verán?