26.9.05

CDG

Levaba varios días desconectado do mundanal ruído, pero hoxe din unha volta por Vieiros e atopei unha nova que me puxo moi pero que moi contento.

Crónica patagónica

Despois dunha longa




viaxe a través da Pampa





sempre ben rodeado de parentes





dei cos meus ósos na Península Valdés.


O sitio, con todo e levar anos escoitando marabillas del, non decepciona nin un chisquiño así. Natureza en directo.
Non conseguín fotos moi decentes das baleas, pero si dos pingüíns





(que eran moitos),





tamén dos lobos





e dos elefantes mariños





e doutra fauna local.



Tamén atopei este sitio que me fixo moita graza.



O regreso ata a urbe foi sen novidades.
O regreso a Galiza aínda ten que agardar unha semaniña.

14.9.05

Perdas

Experimento a tristura da perda. A tristura que permanece despois de tentar acadar algo bonito e escapa. "S'échappe" Outra vez ese verbo que Iro (léase en francés) tentou describirme hai xa uns anos nun café de Saint-Germain e eu non era quen de atopar a simple asociación etimolóxica, perdido nos seus ollos.
É o que ocorre cando queres apreixar algo e salta cara a adiante. Un grilo. Un pequeno paxaro.
Non é frustración, porque cando tomas a decisión de achegarte xa sabes que sucederá a fuxida. Pero mesmo así vas e sucede.
"S'échapper", "Irse de las manos" di o dicionario que atopo aquí a carón.
Esa é a sensación. A da perda. A do que foxe.
Sabes que sucederá e mesmo así vas. O inevitábel da dor. A dor da perda, o baldeiro.
Onte cruceime cunha nai que viu morrer a súa filla. Non foi "s'échapper", foi esvaerse a tristura entre os dedos.
Eu vexo fuxir a beleza. Ela ten para sempre a beleza atoándolle o sangue.
Pensei que a miña dor é superficial, volátil.
Pechar os ollos, dar a volta, fuxir cara a calquera infinito.

6.9.05

Mirar para outro lado (II)

Lin nunha novela de Murakami unha aseveración que non vén ao caso pero que me fixo pensar no seguinte asunto: escribir sobre o que se sabe ou escribir sobre o que non se sabe.

Escribir sobre o que se sabe semella unha iniciativa pouco aventurada. Escribir sobre o que se descoñece pode pasar por charlatanería barata.

Cal debe ser a postura do artista? A aseveración ou a procura?

Encadeado coa idea da primeira ollada para outro lado: a aprendizaxe, a disolución das emocións do texto virtual (desaprender), atopar ou extraviar coñecementos.

3.9.05

New Orleans

O inicio da fin do Imperio?

Naaaaaaaaaa...

2.9.05

Vacas

Para unha vaca os pastos pampeanos non teñen comparanza.

Aínda así, esta vaca pechará os ollos e vai disposta a practicar maiormente o canibalismo, o canibalismo, o canibalismo.

Nota bene: entre canibalismo e canibalismo a vaca pensa abrir os ollos e, en todo caso, sempre seguirá rumiando.