coñecendo os veciños (III)
notáchedes que no blogmillo ultimamente hai unha actividade máis febril do habitual? é moi divertido.
teño que pensar un modo de organizar a lista para que o persoal non se perda alí dentro... porque hai cousas moi diferentes...
podía, por exemplo, crear unha lista cos sitios persoais, as clásicas bitácoras de nacemento, outra con blogs de actualidade, outros máis "literarios" ou "culturais". seguro que a algún lle senta mal que o meta nesa lista.
en que sección metería eu o ollo da vaca?
tic tac tic tac tic tac tic tac tic tac
creo que non vou clasificar nada.